Club Xadrez Arteixo

Club Xadrez Arteixo

lunes, 19 de mayo de 2014

IV Torneo Escolar Concello de Arteixo


Bases do IV Torneo Escolar Concello de Arteixo  
O torneo e valedeiro para o Ciruito Galego de Promoción 2014 organizado pola Federación Galega de Xadrez.
Organizador do torneo: Club Xadrez Arteixo.
Data:  Sábado 31 de maio de 2014.
Lugar de Xogo: Centro  Tecnolóxico de Arteixo(CTA) Avda. Arsenio Iglesias s/n (Zona Deportiva Pol. Sabón fronte o campo de futbol).
Categorías:Sub-8 "Promesas": nados no ano 2006 e posteriores.
Sub-10 "Benxamín": nados no ano 2005 e 2004.
Sub-12 "Alevín": nados no ano 2003 e 2002.
Sub-14 "Infantil": nados no ano 2001 e 2000.
Sistema de Xogo: Suízo a 6 roldas (en caso de moitos xogadores nalguna categoría xogaranse 7 rondas) elaborado con programa informático. Non se admitirán reclamacións aos emparellamentos, agás erros na introdución de resultados.
Ritmo de Xogo: 15 minutos + 5 segundos de incremento.
Horario de Xogo: Presentación e confirmación de xogadores 10:45.
1ª rolda: 11:10, 2ª rolda 12:00, 3ª rolda 12:50, 4ª rolda 16:00, 5ª rolda 16:50, 6ª rolda:17:40, Clausura as 18:45 horas.

Inscricións: Ata o xoves 29 de maio ou ata a chegar o tope de 110 xogadores/as por orde de inscrición. A inscrición no torneo e gratuita pra xogadores federados, os non federados deberán pagar 2€ pra o seguro deportivo antes do torneo a traves dos clubs ou o organizador, pode facerse no mail: info@pokeryajedrez.com,  ou no tfno: 617234393
Desempates: 1º Bucholz Brasileño-1, 2º Bucholz Total, 3º Progresivo ata as últimas consecuencias, 4º resultado particular.
Xogadas Ilegais: Tres xogadas ilegais suporán a perda da partida. Darase 1 minuto de tempo por cada xogada ilegal o rival pero so cando lle queden menos de 2 minutos de tempo no reloj.
Inicio das partidas: Á hora indicada para o inicio da rolda poñeranse en marcha os reloxos e o tempo permitido de retraso será ata a caída da bandeira.Un xogador que non comparece a súa partida sen causa xustificada será dado de baixa do torneo.Se algún xogador no vai disputar alguna rolda deberá comunicalo con tempo suficiente o árbitro do torneo.
Premios: Trofeos para os cinco primeiros clasificados de cada categoría. Trofeo para o mellor clasificado local de cada categoría(non acumulable). Sorteo de libros e regalos o final do torneo entre todos os participantes.
Agasallos: Todos os participantes do torneo recibirán bebida,comida e regalo.
AECC:  Recaudaranse fondos para la AECC da Loita contra o Cancro de Arteixo e o remate do torneo se sortearán agasallos pra os que colaboren.
Para o non especifícado nestas bases aplicarase o regulamento FIDE.
A inscrición no torneo supón a aceptación das bases e a autorización dos participantes para publicar os seus nomes ou fotografías nos diversos medios de comunicación, co único obxecto de dar publicidade ao evento.
A organización resérvase o dereito a modificar estas bases sen máis aviso cá súa publicación na web: http://www.pokeryajedrez.com/
Empresas e organismos colaboradores:
Concello de Arteixo, Turismo de Arteixo, Servicio Municipal de Deportes de Arteixo, Asociación da Loita Contra o Cancro de Arteixo, Federación Galega de Xadrez, Centro Comercial Aberto(CCA) de Arteixo, Supermercados GADIS, Schweppes y Trina, Vending Santa Lucía, Grabados Calvo, El Noticiero TV de Arteixo, Hamburguesería IVI.
Locais recomendados pra comer que colaboran co torneo e co CCA de Arteixo:
Hamburguesería IVI: Avda do Balenario nº3 981633981.
Platos Combinados-Ensaladas-Perritos-Hamburguesas.