Club Xadrez Arteixo

Club Xadrez Arteixo

martes, 22 de febrero de 2022

Derrota na 2ª rolda da liga galega

 Esta pasado sábado día 19 o club xadrez Arteixo desprazouse a Muxía a xogar fronte o Cabo Touriñán un dos equipos mais fortes do grupo, ademais tivemos a importante baixa de Fran no 2º tableiro polo que presentamos un equipo mais débil do habitual, finalmente derrota por 3,5-0,5 pero merecimos millor resultado sobre todo nos 2 primeiros tableiros.

No tableiro 1 Oscar de Prado empatou con Jose Soneira, foi una partida onde conseguin pronto facermeca iniciativa, e despois dun bo cálculo conseguin ventaxa ganadora, xa pasada a 3a hora de xogo emepcei a ter pequenos erros que foron perdendo a ventaxa, o meu rival xogou ben esta fase da partida e forzou as tablas por xaque continuo tras entregar una calidad despois de 4 horas de xogo.

No 2 tableiro Mario Mañana perdeu ante Manuel Rodríguez, una partida que tivo de cara tras una floxa apertura por parte do rival pero que un grave erro de Mario costoulle una torre e a partida. No 3º tableiro derrota de Daniel Méndez ante Ramón Franco nunha mala tarde de Daniel que perdeou moi rápido e fácil o  deixarse a dama pensando que era mate. No 4 tableiro derrota de Hugo Herrador ante Jose Sar tamén nunha partida floxa de Hugo que non supo aproveitar a ventaxa inicial.

Tras esta derrota o equipo queda 4º clasificado con 4,5 puntos en 2 roldas, a rolda 3 será o 5 de marzo e visitaremos o líder Nemenzo en Santiago onde trataremos de acadar un bo resultado. No resto dos encontros claras victorias de Nemenzo 3,5-0,5 fronte o Millarengo e de Malpica ante Irindo tamén 3,5-0,5, de momento Nemenzo e Malpica levan 6 puntos, Cabo Touriñan 5.












No hay comentarios:

Publicar un comentario