O pasado sábado día 5 disputouse a 9ª rolda da liga galega de xadrez con derrota por 3,5-2,5 fronte o campión Algalia en preferente, en 2ª derrota 2,5-1,5 fronte o Air-Hostess.
Preferente
O Galichess Arteixo A perdeu por 3,5-2,5 fronte o Algalia de Santiago, o equipo líder e que confirmou a victoria nesta derradeira rolda, un bo resultado para Arteixo que rematou sen apuros a liga na metade da tabla, por tableiros no 1 tablas de Oscar de Prado, no 2 tablas de Francisco Amado, no 3 tablas de Mario Mañana , no 4 tablas de Daniel Méndez, no 5 tablas de Andrés Blanco, no 6 derrota de Xose M. Zapata.
Na clasificación final o Galichess Arteixo A queda 6º con 25 puntos, salvando a categoría Preferente para 2025, neste ano de debut e cun equipo moi xoven e de canteira, felicitar os xogadores pola gran tempada, toda a info na web da federación galega de xadrez https://xefega.fegaxa.org/.
2a División
O Galichess Arteixo B foi a cruz da xornada tras perder fronte oo Air-Hostess coruñes por 2,5-1,5, era a derradeira oportunidade para loitar pola salvación pero una vez mais desperdiciaronse varias partidas, por tableiros no 1 derrota de Hugo Herrador, no 2 tablas de Marcos Fernández, no 3 victoria de Juan Carlos Barderas, no 4 derrota de Pedro Villanueva, tras este resultado o equipo vai 12º con 11 puntos e a 2 puntos da salvación, ainda que quedan 2 roldas os rivais son complicados, na rolda 10 recibirá na casa o TDFC da Coruña.