Club Xadrez Arteixo

Club Xadrez Arteixo
Mostrando entradas con la etiqueta club xadrez Arteixo Liga Galega 2025 Club xadrez Arteixo Galichess Preferente 2a división Rolda 8. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta club xadrez Arteixo Liga Galega 2025 Club xadrez Arteixo Galichess Preferente 2a división Rolda 8. Mostrar todas las entradas

lunes, 31 de marzo de 2025

Rolda 8 Liga Galega de xadrez

 O pasado sábado día 29 disputouse a 8ª rolda da liga galega de xadrez con victoria do club xadrez Arteixo fronte o Betanzos por 5,5-0,5 en preferente, en 2ª derrota 0-4 fronte a ETX Coruña.


Preferente 


O Galichess Arteixo A gañou por 5,5-0,5 a Betanzos nun encontro clave para a salvación no que facia falta gañar e por ampla diferencia, a pesar do resultado abultado as partidas estiveron complicadas, en varias delas con ventaxa decisiva para os de Betanzos que non souperon rematar, por tableiros no 1 victoria de Oscar de Prado, no 2 victoria de Francisco Amado, no 3 victoria de Mario Mañana , no 4 victoria de Daniel Méndez, no 5 victoria de Andrés Blanco, no 6 tablas de Xose M. Zapata.

Na clasificación o Galichess Arteixo A queda 7º con 22,5 puntos e está virtualmente salvado con 5 puntos de ventaxa, a falta de 1 xornada onde o equipo viaxará s Santiago fronte o Algalia, líder da categoría, 8º Recatelo ten 18 puntos e 9º Macondo 17,5 puntos, matemáticamente chega 1 punto, ainda que incluso una derrota 6-0 obligaría a gañar a Macondo 5,5-0,5 o forte equipo de Clubexa,
toda a info na web da federación galega de xadrez  https://xefega.fegaxa.org/.

2a División


O Galichess  Arteixo B foi a cruz da xornada tras perder fronte o ETX Coruña por 0-4, se ben o equipo coruñés vai 2 na clasificación o encontro estaba para un empate a 2 xa que no 3 tableiro estaba a partida gañada, e un error de inexperiencia propiciou una dolorosa derrota, despois xa con 0-3 o noso 2 tableiro rechazou as tablas ca partida gañada e acabou perdendo tamén, unha derrota dura que deixa o equipo colista, por tableiros no 1 derrota de Hugo Herrador, no 2 derrota de Marcos Fernández, no 3 derrota de Martin Cachafeiro, no 4 derrota de Rafael Soto, tras este resultado o equipo vai 12º con 9,5 puntos a 2 puntos da salvación, na rolda 9ª un encontro clave fronte o Air-Hostess que vai 10º con 11,5 puntos a falta de 3 roldas para o final, hay que gañar ese encontro para ter alguna opción de salvación.