Club Xadrez Arteixo

Club Xadrez Arteixo
Mostrando entradas con la etiqueta escola de xadrez. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta escola de xadrez. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de octubre de 2020

COMEZAN AS CLASES DE XADREZ DO CURSO 20-21 DO CLUB XADREZ ARTEIXO

 O mércores 14 de Outubro comezan as clases de xadrez de cara o curso 2020-21, serán no local do clube na Rúa Maestro Mateo nº10 baixo en Arteixo. 

Teremos clases de iniciación e perfeccionamento os mércores de 18 a 20 horas e os venres de 18 a 21:00 horas, tamén temos un grupo de adultos os mércores de 20 a 21 horas, aunque pode ser outro día según a demanda.

Este ano teremos grupos reducidos a un máximo de 10 persoas, debido a situación da pandemia co COVID-19 , seguiremos os protocolos de seguridade establecidos: uso de mascarillas, xel hidroalcohólico, desinfección etc.. 

As clases están subvencionadas polo servicio de deportes do concello de Arteixo, para solicitar mais información chamar o 617234393 ou escribir a xadrezarteixo@gmail.com.