Club Xadrez Arteixo

Club Xadrez Arteixo
Mostrando entradas con la etiqueta Liga Galega 2025 Club xadrez Arteixo Galichess Preferente 2a división Rolda 9. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Liga Galega 2025 Club xadrez Arteixo Galichess Preferente 2a división Rolda 9. Mostrar todas las entradas

lunes, 7 de abril de 2025

Rolda 9 Liga Galega de xadrez

  O pasado sábado día 5 disputouse a 9ª rolda da liga galega de xadrez con derrota por 3,5-2,5 fronte o campión Algalia en preferente, en 2ª derrota 2,5-1,5 fronte o Air-Hostess.


Preferente 


O Galichess Arteixo A perdeu por 3,5-2,5 fronte o Algalia de Santiago, o equipo líder e que confirmou a victoria nesta derradeira rolda, un bo resultado para Arteixo que rematou sen apuros a liga na metade da tabla, por tableiros no 1 tablas de Oscar de Prado, no 2 tablas de Francisco Amado, no 3 tablas de Mario Mañana , no 4 tablas de Daniel Méndez, no 5 tablas de Andrés Blanco, no 6 derrota de Xose M. Zapata.

Na clasificación final o Galichess Arteixo A queda 6º con 25 puntos, salvando a categoría Preferente para 2025, neste ano de debut e cun equipo moi xoven e de canteira, felicitar os xogadores pola gran tempada, toda a info na web da federación galega de xadrez  https://xefega.fegaxa.org/.

2a División


O Galichess  Arteixo B foi a cruz da xornada tras perder fronte oo Air-Hostess coruñes por 2,5-1,5, era a derradeira oportunidade para loitar pola salvación pero una vez mais desperdiciaronse varias partidas, por tableiros no 1 derrota de Hugo Herrador, no 2 tablas de Marcos Fernández, no 3 victoria de Juan Carlos Barderas, no 4 derrota de Pedro Villanueva, tras este resultado o equipo vai 12º con 11 puntos e a 2 puntos da salvación, ainda que quedan 2 roldas os rivais son complicados, na rolda 10 recibirá na casa o TDFC da Coruña.