Club Xadrez Arteixo

Club Xadrez Arteixo

martes, 7 de mayo de 2024

Rolda 10 liga galega de xadrez: ascenso do xadrez Arteixo a preferente

 Disputouse a rolda 10 da liga galega de xadrez que deixou un balance de dúas derrotas por 1,5-2,5 das equipas de Arteixo, en 1ª fronte o Algalia de abaixo e en 2ª fronte o ELX absoluto, ainda así o club xadrez Arteixo A acadou matemáticamente o ascenso a categoría de preferente para o ano 2025.

1ª División

O club xadrez Arteixo perdeu por 1,5-2,5 fronte o Algalia de Santiago, unha derrota sen importancia porque o equipo acada o ascenso matemático, a falta dunha rolda, a nova categoría de preferente de cara o vindeiro ano, era o obxetivo do clube tralo bo comenzo de liga, por tableiros perdeu Fran Amado, derrota de Mario Mañana, tablas de Adrián Amado e victoria de Daniel Méndez.

A equipa queda 3º clasificado con 25,5 puntos, de cara a derradeira rolda o equipo viaxa a Santiago fronte o colista Algalia sen nada en xogo, sin duda un gran ano acadar o ascenso a nova categoría de preferente sendo un equipo recién ascendido de 2ª división.

2ª División 

Derrota en 2ª por 1,5-2,5 ante a Escola Luguesa absoluto, por tableiros derrota de Hugo Herrador, tablas de Andrés Rodríguez, victoria de Abraham Pereira, derrota de Marcos Fernández, un bo resultado de novo ante un forte equipo, tras esta rolda o equipo colocase de 9º con 12,5 puntos facendo una gran tempada, sendo un equipo recién ascendido e o de pior ránking inicial, na derradeira rolda o equipo viaxa a Lugo fronte a ELX  Bobby Fischer.








No hay comentarios:

Publicar un comentario