Club Xadrez Arteixo

Club Xadrez Arteixo

martes, 10 de febrero de 2026

Ronda 3 Liga Galega de xadrez: derrota 1,5-4,5 ante Bóveda-Mirko

 Este pasado sábado día 7 disputouse a rolda3 da liga Galega de xadrez, na categoría Preferente o Galichess Arteixo A perdeu por 1,5-4,5 fronte o Bóveda-Mirko, en 3ª división o Galichess Arteixo B descansaba, toda a información da Liga Galega de xadrez na web da fegaxa https://xefega.fegaxa.org/

Preferente

Clara derrota ante o favorito para o ascenso, ainda que de novo deixando escapar varias partidas, no 1º tableiro este cronista perdeu ante Sergio López tras xogar una mala partida, no 2º tablas de Mario Mañana fronte o MF Jose Sande nunha partida moi emocionante e que puideron gañar os dous xogadores, no 3º Francisco Amado perdeu fronte a WIM Karla July tras desaproveitar ventaxa gañadora en varios momentos, no 4º tableiro Daniel Méndez perdeu fronte a Victor González tras equivocarse de xogada na apertura.

No 5º tableiro Andrés Blanco gañou una boa partida fronte a Martín Hervada e no 6º Amamd Cauchy perdeu fronte a Alejandro Sánchez, arriscou capturando un peón que era dudoso, pero tras defenderse ben tivo un momento onde gañaba unha peza de forma moi sinxela, pero non o viu e despoi´s cometeu un erro que o deixou perdido, tras esta derrota o equipo leva 3,5 puntos e vai de 7º ainda que o 8º e o 9º, tamen con 3,5 puntos, levan so 1 encontro, este mal comenzo complica a loita pola permanencia que vai estar dificil, esperemos millorar nas vindeiras xornadas, a rolda 4 disputarase o dia 21 de febreiro en Arteixo fronte o Clubexa, o Galichess Arteixo B xoga na casa fronte o CIDU Riazor









No hay comentarios:

Publicar un comentario