Club Xadrez Arteixo

Club Xadrez Arteixo

miércoles, 30 de marzo de 2016

Torneo sub12-10-8 en Tarrío el domingo 3 de marzo

BASES I TORNEO DE XADREZ ANPA ROSALÍA DE CASTRO DO CEIP DE TARRÍO
• Data de celebración: Domingo, 3 de abril de 2016
• Lugar: Pavillón Polideportivo de Tarrío
• Modalidade: Suízo de 6 roldas (modificable según número de inscritos) con partidas de 7 minutos máis un incremento de 3 segundos por xogada. Os sistemas de desempate a sortear tras a derradeira rolda serán Progresivo, Bucholz total e Bucholz medio; se se mantivera o empate primará o resultado particular e, en caso de táboas, o xogador que levaba negras. Tres xogadas ilegais suporán a perda da partida.
• Categorías: Sub-08, sub-10, sub-12. Se o número de participantes fose especialmente reducido, a organización consideraría a disputa do torneo de xeito conxunto, para na clasificación final volver a ter en conta as categorías á hora de reparti-los premios.
• Inscricións 5 Euros haberá que abonar antes da 1ª rolda. Inclúen unha merenda e un detalle para cada participante. Poderán solicitarse no correo electrónico cxs_sada@yahoo.es ou no teléfono 666 369 517 (ademáis de recibir calquera información referente), indicando en qué categoría participa o xogador, ata as 22:00 do 31 de marzo do 2016. A participación está limitada ás 100 primeiras solicitudes.
• Os premios consistirán en trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
• Programa:
o 15:45 comprobación de inscritos; 16:15 inicio da 1ª rolda; 20:30 hora estimada da entrega de premios e clausura.
o Á hora da merenda, durante 45 min. aprox. celebraráse unha sesión de simultáneas contra o Mestre FIDE Oscar de Prado (Ex-Campión Galego) a 15 taboleiros, cun ritmo de 20 min. a caída de bandeira para o mestre, e 10 min. a caída de bandeira para os outros xogadores. Nesta sesión concurrirán parellas que poderán xogar en consulta (falando entre os compoñentes) compostas por un participante do torneo e un acompañante adulto, sendo requisito obrigatorio que o acompañante descoñeza as regras do xogo e que reciba unhas breves leccións previas (10-15 min.) por parte do participante. En caso de que houbese máis de 15 interesados, terán preferencia os 5 mellores clasificados en cada categoría no momento de celebrarse as simultáneas.

• Os participantes autorizan a publicación dos seus datos persoais necesarios para a difusión do torneo (listas de inscritos, clasificacións, fotos do torneo, etc.) nos diferentes medios de comunicación que se fagan eco do evento, incluídas redes sociais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario