Club Xadrez Arteixo

Club Xadrez Arteixo

lunes, 27 de marzo de 2023

Torneo Xogade A Laracha


Este domingo día 26 disputouse na Biblioteca Municipal da Laracha a fase comarcal, da zona da Costa da Morte, do torneo de xadrez Xogade da Xunta de Galicia que clasificaba os equipos vencedores en categorías Infantil, Alevín e Benxamín para a fase intercomarcal a disputarse en Cambre o 29 de abril.

Participaron un total de 65 xogadores de Arteixo, Laracha, Carballo, Coristanco, Ponteceso, Zas e Cabana de Bergantiños nas 3 categorías, todos os participantes levaron medallas, xogouse por sistema suizo a 5 rondas sen enfrentarse os xogadores do mesmo club entre si, e para a xeral por equipos se suman as 4 mellores puntuacions.

No plano deportivo destacar o triunfo por equipos nas 3 categorías do club xadrez Arteixo, que se clasifica para a fase Intercomarcal. As clasificacións individuais pódense consultar en https://info64.org/xogade-laracha-infantil/standings e as fotos no Facebook https://www.facebook.com/media/set/?vanity=xadrezarteixo&set=a.610762351090308

Clasificacións por equipos (pinchando en la cabecera de cada categoría se pueden consultar las individuales)

Infantil  11 participantes

1º Xadrez Arteixo
2º Xiria Carballo
3º EDM Cabana de Bergantiños
4º EDM A Laracha

Alevín  21 participantes

1º Xadrez Arteixo
2º Xiria Carballo
3º Irindo de Zas
4º EDM Cabana de Bergantiños
5º EDM A Laracha
6º CEIP Canosa-Rus
7º CPI Pichel Coristanco

Benxamín  33 participantes

1º Xadrez Arteixo
2º EDM A Laracha
3º Xiria Carballo
4º Irindo de Zas
5º EDM Ponteceso
6º EDM Cabana de Bergantiños
7º CEIP Canosa-Rus
8º CPI Pichel Coristanco







No hay comentarios:

Publicar un comentario