Club Xadrez Arteixo

Club Xadrez Arteixo

martes, 19 de marzo de 2024

Fase comarcal torneo Xogade en A Laracha

 Este pasado domingo día 17 de marzo disputouse na biblioteca da Laracha a fase comarcal do torneo xogade da Xunta de Galicia, inclue a zona de Arteixo-Bergantiños-Costa da Morte, foi un torneo por sistema suizo a 5 roldas, onde os xogadores de mesmo equipo non xogan entre eles, o final súmanse as puntuacions dos 4 millores xogadores de cada equipo para determinar os equipos campións e que clasifican para a fase intercomarcal, que este ano será o día 20 de abril en Carballo.

Categoría Benxamín

Participaron un total de 25 xogadores representando a 5 equipos, quedando 5º a Escola Municipal de Ponteceso, 4º a Escola Municipal da Laracha, 3º Escola Municipal de Cabana, 2º club xadrez Xiria Carballo e campión o club xadrez Arteixo, na xeral destacamos o 1º Abraham Pereira, 2º Martín Pereira ambos de Arteixo, 3º Mario García de Carballo, 4º Alex Lema de Ponteceso e 5º Marcos Alvite de Arteixo, por Arteixo xogaron Abraham, Martín, Marcos, Gonzalo, Youssef y Aisa, a clasificación completa en info64.



Categoría Alevín

Participaron un total de 14 xogadores representando a 3 equipos, foi 3º o Náutico de Camariñas, 2º Laracha e campión o Xiria Carballo que xogou con Neymar, Hugo, Xacobo, Roberto e Manuel, a nivel individual 1º Neymar Arambula, 2º Hugo Álvarez de Carballo, 3º Ribita Stanislav de Laracha, 4º Dario Atán e 5º Paula Miñones ambos de Camariñas, a clasificación completa en info64.



Categoría Infantil

Participaron un total de 13 xogadores representando a 3 equipos, quedou 3º Cabana de Bergantiños, 2º xadrez Carballo e campión xadrez Arteixo, por Arteixo xogaron Daniel, Andrés, Xabier e Celtia, na xeral 1º Daniel Méndez, 2º Andrés Blanco ambos de Arteixo, 3º Oliver Méndez, 4º Roi Puga ambos de Carballo, 5º Daniel Mira de Cabana, a clasificación completa en info64.






No hay comentarios:

Publicar un comentario