Club Xadrez Arteixo

Club Xadrez Arteixo

martes, 19 de marzo de 2024

Rolda 5 Liga galega de xadrez: nova victoria do xadrez Arteixo A.

 Este pasado sábado día 16 disputouse a rolda 5 da liga galega de xadrez cun balance de 1 victoria e 1 derrota para o club xadrez Arteixo.

1ª División

O club xadrez Arteixo A gañou por 3-1 fronte o Macondo da Coruña,, foi un encontro difícil onde tivemos algo de fortuna, no 1º tableiro victoria de Oscar de Prado ante Carlos Martinez nunha partida onde o xogador do Macondo sacrificou unha peza que non valía, conseguido o 1º punto para Arteixo, no 2º tableiro derrota de Fran Amado ante Rogelio Maceiras, Fran saliu algo peor da apertura, no medio xogo foi aguantando, e no final de partida tivo as tablas na man se non houbera cambiado torres.

No 3º tableiro Mario consegiu unha victoria importante tras unha gran remontada, nunha partida que se lle complicou tras un golpe táctico do rival, onde Mario quedou perdido, o seu rival deixou pasar varias oportunidades para ganar, e finalmente chegouse a un final onde o xogador do Macondo tiña ventaxa ganadora, pero se quería como mínimo tiñas as tablas, pero cometeu dos erros graves seguidos e recibiu mate, no 4º tableiro victoria de Daniel Méndez ante Miguel Dieguez, otra partida muy complicada onde Daniel quedou peor trala apertura, estivo toda a partida atrás aguantando e xa nos apuros de tempo ao seu rival agotouselle o tempo nunha posición todavía con opcions para ambos xogadores.

Tras 5 roldas  o xadrez Arteixo A acada 15,5 puntos e colocase de segundo tras a Escola Luguesa con 16 puntos, 3º sigue o Bóveda con 15 puntos, tras o descanso de Semana Santa para a 6ª rolda, o 6 de abril o equipo viaxará a Muxía, que este ano non está tendo boa liga ainda que e un rival forte.



2ª División

En 2ª derrota esperada por 0-4 ante o TDFC coruñés, un dos mellores equipos da categoría, so tivemos opcions no 3 tableiro onde tras mais de 3 horas de xogar unha boa partida, Andrés cometeu un erro que perdia unha peza e a partida, por tableiros no 1º derrota de Marcos Martínez ante Javier Mazaira, no 2º derrota de Hugo Herrador ante Francisco Lousada, no 3º derrota de Andrés Blanco ante Jose A. Castrillón, no 4º derrota de Marcos Fernández ante Marcos Yañez. Tras este resultado o equipo queda 12º con 5 puntos, na rolda 6 o equipo xogará ante o Air-Hostess na Coruña.















No hay comentarios:

Publicar un comentario