O pasado sábado día 15 disputouse a 3 rolda da liga galega de xadrez con resultados dispares para os dous equipos do club xadrez Arteixo, en preferente derrota por 2,5-3,5 fronte o líder USC e en 2ª derrota por 0-4 fronte a ELX cadete.
Preferente
O Galichess Arteixo A perdiu por 2,5-3,5 fronte a USC de Santiago, un dos favoritos o ascenso, podese considerar un resultado bastante bo, por tableiros no 1 derrota de Oscar de Prado ante Diego Cacheiro, no 2 tablas de Francisco Amado ante Manoel Rodriguez, no 3 tablas de Mario Mañana ante Roberto Patiño, no 4 derrota de Daniel Méndez ante Jacobo Vieites, no 5 tablas de Andrés Rodríguez fronte a Alfonso Cabaleiro, no 6 victoria de Xose Zapata ante Juan Martínez.
Na clasificación o Galichess Arteixo A queda 7º con 7 puntos, na 4a rolda desprazarase a Coruña fronte o Macondo que vai de 9º con 5 puntos, toda a info na web da federación galega de xadrez https://xefega.fegaxa.org/.
2a División
O Galichess Arteixo B perdeu 0-4 fronte a Escola Luguesa cadete nun mal día para os xogadores de Arteixo, por tableiros no 1 derrota de Hugo Herrador fronte a Marcos Vega, no 2 derrota de Abraham Pereira fronte a Jacobo Cela, no 3 derrota de David Pereira fronte a Mario Maseda, no 4 derrota de Martin Cachafeiro fronte a Tomás Quiroga, tras este resultado o equipo queda 8º con 4 puntos,. na 4a rolda desprazarase a Coruña fronte o CIDU Incude que vai 11 con 3,5 puntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario