O pasado sábado día 8 disputouse a 2 rolda da liga galega de xadrez con bos resultados para os dous equipos do club xadrez Arteixo, en preferente derrota por 4-2 fronte o forte Círculo Ferrolano e en 2a un empate a 2 ante o CIDU universidade.
Preferente
O Galichess Arteixo A perdiu por 4-2 ante o Circulo Ferrolán, un dos millores equipos da categoría, ademais houbo duas baixas e tiveron que subir 2 xogadores do equipo de 2ª. Por tableiros no 1 derrota de Oscar de Prado ante Lorenzo González, unha mala partida de Oscar na que non tivo opción dende a apertura ante o bo xogo do rival, no 2 derrota de Francisco Amado ante Rodrigo Cubero nunha partida que estaba igualada e que un erro de calculo propiciou a derrota de Fran, no 3 victoria de Mario Mañana ante Celia Guevara nunha partida na que a rival de Mario deixouse unha peza no final de partida cando tiña moita ventaxa.
No 4 victoria de Daniel Méndez ante Andrés Vázquez onde Daniel castigou un erro temprano do seu rival, no 5 derrota de Marcos Fernández ante Rubén Arrojo nunha partida onde Marcos xogou bastante ben ata cometer un erro no final da partida, no 6 derrota de Rafael Soto ante Yan Qing Chen onde Rafa deixou escapar una xogada na ganadora no medio xogo e logo un erro costoulle a partida.
Na clasificación o Galichess Arteixo A queda 6º con 4,5 puntos, na 3a rolda recibe na casa o líder USC de Santiago, un dos favoritos para o ascenso, toda a info na web da federación galega de xadrez https://xefega.fegaxa.org/.
2a División
O Galichess Arteixo B empatou 2-2 fronte o CIDU Universidade, un dos equipos mais fortes da categoría, as duas partidas gañádas tiveron a sua dosis de fortuna, pero sirva este r esultasdo para compesanr o que se deixou escapar na rolda 1, por tableirosno 1 derrota de Hugo Herrador ante Daniel Codesido, no 2 gran victoria de Pedro Villanueva ante Luca Grygar (1756) onde o seu rival no viu o remate gañador e cometeu un error que Pedro non desaproveitou para gañar a partida.
No 3 derrota de Abraham Pereira ante Roberto Serrano e no 4 victoria de David Pereira ante Luis Rodríguez (1602) onde David aproveitou un grave erro do seu rival, tras este resultado o equiupo queda 6º con 4 puntos,. na 3a rolda recibirá o Escola Luguesa cadete.
No hay comentarios:
Publicar un comentario