Club Xadrez Arteixo

Club Xadrez Arteixo

sábado, 19 de octubre de 2013

Torneo Feria Histórica 1900: sábado 19 a las 17:00 horas

Este sábado día 19 se juega el torneo en Arteixo da Feira Histórica 1900: as artes e os oficios.

Feira Histórica 1900 en Arteixo
   Este fin de semana, días 18,19,20, se celebra la ya tradicional en octubre XIV Edición da Feira Histórica 1900 enArteixo que este año lleva el título "as artes e os oficios" y dentro de las actividades programadas celebramos el ya tradicional torneo de rápidas donde os animamos a participar para pasar un rato agradable jugando al ajedrez y venir a visitar la Feira y todo lo que nos ofrece.
La inscripción es gratuita  y como el nº de plazas es limitado si vais a venir se agradece que os apunteís para garantizar vuestro sitio,el torneo es de 5´+ 5" a 6 o 7 rondas y tenemos como premio una cesta de productos típicos al ganador y sortearemos 2 más entre todos los participantes,para consultar el programa de la Feiraos dejo el enlace de la web y el programa en pdf.

Bases do torneo:
Día: 19 de octubre de 2013
Hora: 17:00 a 20:00.
Lugar: Zona del Anfiteatro en el paseo fluvial de Arteixo.
Rondas: 6 o 7 dependiendo del nº de participantes,plazas limitadas a unas 20-25.
Ritmo: partidas de 5´+ 5"
Premios: 1º cesta de productos típicos(queso,chorizo,castañas,etc...)
Además se sortearán 2 lotes más entre todos los participantes.
Clausura y entrega de premios:20:30 horas en la Plaza do Balneario.
Inscripciones: gratuita, llamar al tfno 617234393 mail:info@pokeryajedrez.com 
Abierto a todos los públicos.
Se agradece venir vestido de época 1900.
 Programa da Feria Arteixo 1900:
Arteixo conta cunha luminosidade especial e con tantas tonalidades e aromas que darían para desenvolver auténticas obras mestras ou mesmo para recrear estampas gravadas a lume nos seus sentidos os canteiros, as peixeiras, as leiteiras, persoas que, noutrora, percorrían longas distancias a pé para desempeñaren os seus oficios.
O impresionismo e a diversidade de labores serviron de fonte de inspiración para celebrar a décimo cuarta edición da Feira Histórica, que como cada ano se celebra durante a terceira fin de semana de outubro. O 18, 19 e 20 de outubro Arteixo vestirase de época para conmemorar as distintas manifestacións artísticas e profesións que deixaron unha profunda pegada na nosa historia.
O Concello de Arteixo en colaboración co Centro Comercial Aberto logrará xuntar a milleiros de visitantes na vila durante estes tres días cun amplo programa de actividades que aglutina exposicións, performance, teatro, música folk e tradicional, música polas rúas, obradoiros, xogos populares, actividades deportivas, monicreques, postos de artesanía e de alimentación e moito máis.
Entidades locais colaboradoras
Existe un importante número de asociacións participantes na Feira Histórica Arteixo 1900. Como soe ser habitual, a Asociación de Pensionistas e Xubilados en colaboración con Narciso Vázquez, veciño de Pastoriza e coleccionista de antigüidades, participa un ano máis coa recompilación de fotografías e obxectos antigos que se exhibirán no Centro Cívico e que tan boa acollida ten sempre entre a veciñanza arteixá. A exposición inaugurarase o venres 11 de outubro ás 20:00 h na sala de exposicións.
Outras entidades que participan son a Asociación Escola de Teatro Melandrainas, que farán unha performance percorrendo o Paseo fluvial; o grupo de cantareiras e gaiteiros da Asociación XuvenilXiradela, que actuarán como entremés do grupo folk Birimbao o venres á noite na Praza do Balneario; a Asociación Cultural Queiroa, que acompañará ás autoridades polo recinto da feira coas súas danzas e músicas tradicionais o sábado á mañá e a Asociación de Palilleiras e Punto que realizará unha exhibición o domingo pola mañá na Praza do Balneario. As compoñentes da Asociación Cultural Faíscas poranse na pel dunhas lavandeiras de época e sacarán a roupa ao clareo na entrada do Paseo fluvial o domingo pola tarde. O toque musical porao a Asociación Cultural Mariana que na praza da igrexa preparará un baile de acordeón con acompañamento vocal coincidindo coas horas finais da feira.
O teatro, os monicreques, a danza e a música: elementos imprescindibles nun “Arteixo das artes”
Unha das compañías presentes neste Arteixo 1900 é Teatro Malasombra. Xoque Carbajal e Josue García protagonizan un espectáculo cómico na súa peculiar Odisea Galaica. O venres 18 á noite e, tendo como escenario o Auditorio do Centro Cívico, farán un percorrido cheo de humor, con música, baile e moita leria pola nosa cultura, os nosos costumes e a nosa terra.
Marián e Luís González serán os manipuladores de Títeres Trompicallo en Jiñol, unha obra dinámica e divertida para toda a familia que se representará na Praza do Balneario o sábado pola tarde e onde as estrelas son 5 monicreques de luva.
O domingo 20 Teatro de Ningures traerannos un espectáculo ambulante de rúa: Os cómicos dell´auto. A través desta peza teatral representarase a vida dunha compañía de teatro ambulante que percorre as vilas e cidades de todo o mundo levando a ledicia en forma de cancións e comedias. A farándula está servida.
A Escola Cinderella mostraranos estampas de ballet clásico a través das súas alumnas durante o paseo fluvial.
O compoñente musical da Feira manifestarase a través de estilos moi diferentes. A vertente folk correrá a cargo de dous grupos míticos na escena galega, Birimbao e Berrogüeto. A mestura de ritmos variados como rumba, blues, rock ou reggae é algo moi característico nas actuacións de Pablo Balseiro e a súa banda o que se traduce nun repertorio alegre que convida ao baile e ao cante. A banda de soul Freedonia interpretará temas do seu primeiro disco, homónimo, publicado hai exactamente un ano, e que recibiu rapidamente o apoio de público, crítica e prensa especializada.
Por suposto non poderían faltar outros rexistros musicais a través da orquestra Canadá, La Trova Coruñesa e as Bandas de Música Santiago de Arteixo e Visantoña.
Os visitantes da Feira, ademais de poder mercar nos distintos postos de artesáns que se estenden dende o Paseo fluvial até a Praza do Balneario poderán participar en diferentes obradoiros e actividades: xogos populares infantís e para adultos, construción de xogos como a chuca e o papaventos, debuxar con ferros, creación de cadros improvisados, manualidades decorativas cos oficios de antano, decoración de buxainas, de cestaría,...
A cea baile da Feira Histórica será como en anteriores edicións o sábado pola noite no Pazo dos Deportes. Estará amenizada pola orquestra Nueva Generación. As entradas, a 18,00 € cada unha, poranse á venda dende o luns 14 na billeteira do Centro Cívico Cultural de Arteixo nos seguintes horarios: de luns a xoves de 10:00 a 13:30 h e de 17:30 a 20:00 h, o venres de 10:00 a 13:30 h e de 17:30 a 21:00 h e o sábado de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 23:00 h.
En el enlace de abajo tenési toda la información y la programación de la Feria

No hay comentarios:

Publicar un comentario