Este sábado día 19 de Junio empìeza el 1er Torneo del Circuito Gallego de Ajedrez de 2010 con el II Aberto Internacional Carlos I en Sanxenxo(Pontevedra) organizado por el MI Roi Reinaldo, podéis ver aquí la Lista de inscritos y os dejo las bases y demás información del Torneo.
II Aberto Internacional Carlos I
Sanxenxo - Pontevedra
Salón Silgar del Hotel Carlos I **** (Entrada libre). Rúa Vigo s/n, Sanxenxo
Do 19 ao 27 de xuño de 2010
TORNEO DO XXIII CIRCUITO GALEGO DE XADREZ
Bases:
O Torneo disputarase por Sistema Suízo a 9 roldas.
O ritmo de xogo será de 90 minutos por xogador para toda a partida, máis un incremento de 30 segundos por xogada realizada.
Os emparellamentos serán informatizados e non se admitirá ningún tipo de reclamación neste sentido agás erro na introdución manual de resultados.
O sistema de desempate darase a coñecer na derradeira rolda mediante sorteo:
Bucholz restando os dous peores resultados.
Bucholz Total.
Resultado progresivo.
O Torneo será válido para Normas Internacionais de Xadrez, ELO FIDE e ELO FEDA.
Haberá ata 3 BYE a disposición dos xogadores. Os BYE son días libres que pode solicitar o xogador antes do comezo do torneo (sempre por escrito). Poden pedirse ata 3 BYE, que deberán utilizarse con anterioridade á oitava rolda. Na rolda solicitada, non se emparellará ao xogador solicitante do BYE e outorgaráselle medio punto.
Os byes correspondentes á 1º rolda deberán formalizarse vía E-mail.
O xogador que non pague a inscrición antes da terceira rolda será automaticamente expulsado do torneo.
A aqueles xogadores que por calquera razón non aparecesen na derradeira lista de ELO FIDE e tiveran ELO FIDE con anterioridade, consideraráselles o seu ranking, só a efectos de premios, tendo en conta a lista na que aparecesen por última vez.
Esixirase aos participantes unha adecuada presenza na Sala de Xogo e na Cerimonia de Clausura (non chanclas, bañadores, etc).
A Organización resérvase o dereito de admisión.
Calendario de xogo:
19 de xuño do 2010 ás 16:30 horas. Confirmación de xogadores
19 de xuño do 2010 ás 17:00 horas. Primeira Rolda
20 de xuño do 2010 ás 17:00 horas. Segunda Rolda
21 de xuño do 2010 ás 17:00 horas. Terceira Rolda
22 de xuño do 2010 ás 17:00 horas. Cuarta Rolda
23 de xuño do 2010 ás 17:00 horas. Quinta Rolda
24 de xuño do 2010 ás 17:00 horas. Sexta Rolda
25 de xuño do 2010 ás 17:00 horas. Sétima Rolda
26 de xuño do 2010 ás 17:00 horas. Oitava Rolda
27 de xuño do 2010 ás 10:00 horas. Novena e derradeira Rolda
27 de xuño do 2010 ás 17:00 horas. Clausura e entrega de premios.
Inscricións
Aloxados no Hotel CARLOS I: 30 €
Resto de xogadores: 45 €
Exentos da inscrición G.M. e M.I. e xogadores con máis de 2400 de elo
A Organización resérvase o dereito a modificar as bases do “II Aberto Internacional de Xadrez Carlos I” sen outra obrigación que a de publicalas na páxina web oficial.
A participación supón a aceptación tácita das presentes bases.
Premios:
XERAL
Importe
1º 1.200,00 €
2º 1.000,00 €
3º 800,00 €
4º 700,00 €
5º 600,00 €
6º 500,00 €
7º 400,00 €
8º 300,00 €
9º 200,00 €
10º 150,00 €
11º 100,00 €
SUB-2300
Importe
1º 250,00 €
2º 150,00 €
3º 100,00 €
SUB-2000/sen Elo
Importe
1º 250,00 €
2º 150,00 €
3º 100,00 €
MELLOR GALEGO
Importe
1º 150,00 €
2º 100,00 €
VETERANO
100,00 €
SUB18
1º 100,00 €
SUB14
1º 100,00 €
TOTAL 7.500,00 €
Premios non acumulativos
No caso de obterse dous ou máis premios, adxudicarase o maior.
Si fosen os importes dos premios iguais, rexerase pola seguinte orde: 1º Xeral, 2º Premios de Franxa de ELO.
Aos premios deduciránselles os impostos legais establecidos.
Para recoller o Premio compre estar presente na Cerimonia de Clausura.
Oferta Hoteleira:
Rúa. Vigo s/n 36960 Sanxenxo (Pontevedra)
Hotel: www.carlosprimero.com
Oferta Hotel CARLOS I **** & SPA (Sede del Torneo):
Pensión completa en habitación dobre: 58 euros (+ 7% IVE) persoa e día.
Pensión completa en habitación individual: 80 euros (+7% IVE) persoa e día.
Pensión completa en habitación tripla: 55 euros (+7% IVE)
Inclúese un prato de marisco no xantar.
Enderezo: Rúa/. Vigo s/n 36960 Sanxenxo (Pontevedra) ESPAÑA
Páxina web do Hotel Carlos I: www.carlosprimero.com
Beneficiaranse desta oferta os xadrecista que reserven praza hotelera con data anterior ao 14 de xuño chamando ao teléfono 606 458 177 (reserva mínima de 5 días) ou enviando un email a roi@infonegocio.com
Nota: Nos prezos non se inclúen as bebidas
Foreign Players should contact by e-mail with Roi Reinaldo roi@infonegocio.com
Organización:
Organizador: M.I. Roi Reinaldo Castiñeira
Director torneo: A.I. Álvaro Reinaldo Soto
Árbitro principal: A.I. Nerea Mauleón Carranza
Árbitro adxunto: A.I. Álvaro Reinaldo Soto
E-mail: roi@infonegocio.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario